sábado, 20 de enero de 2018

Cultivo de bacterias en terceiro




 Para aprender todo sobre os xérmenes decidimos facer o noso propio cultivo de bacterias. 










Con xelatina neutra, un dado de caldo, auga e un recipiente transparente, intentamos recrear un hábitat idóneo para reproducir xérmenes e poder estudalos.















Coas instruccións seguimos todos os pasos da primeira parte do proceso. E fomos respondendo a algunhas cuestións durante o mesmo.






Despois da fin de semana poderemos continuar e esperamos contarvos os adiantos.




Novo Proxecto de aula en terceiro.

Xérmenes. Non podemos vivir con eles, pero, sen eles tampouco?

Arrancamos este novo proxecto refletindo o que sabemos e o que queremos saber a través de actividades realizadas en cooperativo.

 Comezamos a traer cousiñas para o noso rincón de proxecto. Aproveitamos a asamblea para enredar e falar destas cousas.




 E a través da experimentación ir dando resposta ás nosas cuestións.


Traballamos diferentes textos, tanto a parte de gramática como a súa compresión.
En equipo determinamos se nesos textos atopamos respostas.







jueves, 18 de enero de 2018

Convidámosvos a visitar a nosa exposición de robots


LABORATORIO MUSICAL: o clarinete de verán



AULA DE MÚSICA

Os alumnos/as de 1º Curso experimentaron no Laboratorio Musical co son cun instrumento moi especial... un clarinete de verán!!!

Disfruta polo de agora desta primeira parte... 
En breve verás os resultados!!!
Non perdas detalle!

LABORATORIO MUSICAL: experimento da frauta de "pan-lliñas"

 

AULA DE MÚSICA

Os alumnos/as de 4º Curso metéronse no Laboratorio Musical para experimentar co aire, a lonxitude, palliñas... A ver que resultados temos coa nosa frauta de "pan-lliñas"!

Polo de agora, disfruta desta 1ª parte!!


jueves, 11 de enero de 2018

Mezclas, cambios na materia e turrón.

Turrón de chocolate con noces

Neste nadal os nenos e nenas de cuarto fixemos un experimento de cociña.
Preparamos un turrón de chocolate con noces, en equipos.
O experimento saíunos moi bo.
Pasámolo moi ben. Anímadevos a facelo!










miércoles, 20 de diciembre de 2017

Estreamos o noso "Maker Space"

Adecentamos o noso antigo laboratorio e foron os nenos e nenas de quinto os encargados de estrear este novo espazo.









viernes, 15 de diciembre de 2017

O aire ocupa lugar

Nesta nova emisión de TV-VI amosámosvos como nos sorprenderon os nenos e nenas de 1º co seu experimento sobre o aire. Un equipo da nosa canle foi visitalos e os seus compoñentes foron testemuñas de que o aire ocupa lugar. Os de 1º incluso meteron un papel na auga e, cando o sacaron, estaba seco!! Maxia? Bruxería? Non, CIENCIA!!!

Volcáns!!!

O alumnado de Educación Infantil gozou experimentando coa química de andar por casa, ata fixeron volcáns de cores! Pasárono xenial! Os de 6º preparamos este pequeno vídeo para a nosa canle de televisión, TV-VI. Estade atentos ás novas!

miércoles, 13 de diciembre de 2017

Noticias dende o espazo!!!!!!!!!!!

Aproveitamos a super mega ocasión que se nos presentou este día.
Os nosos profes atoraron e twitter a seguinte noticia https://twitter.com/astro_duque/status/940658850214105088
e cando se puxeron a tuitear sobre ela para ver s podíamos facer algo, recibieron a inmensa sorpresa dunha mensaxe de Pedro Duque.
Hoxe non podíamos desaproveitar tal ocasión, e estivemos a traballar sobre iso, informando do acontecido a todo o cole. Deixámosvos a mostra.




Estamos cegos ou que?

Os nenos e nenas estivemos xogando a un xogo dos que fan pensar. E se de súpeto non pudiésemos ver?
A profe Noemí diseñou a seguinte actividade:
Primeira sesión:
1º Movementos de quecemento repasando as partes do corpo.
2º Xogo do cego e o guía. O guía ponlle un pano tapando os ollos do compañeiro/a e o leva collido da man por todo o espazo do ximnasio. O alumnado pensa en diferentes estratexias para guialo: tocándoo e sen tocalo. Intercambian roles.
3º Paraolimpiada. As mesmas parellas realizan unha carreira de competición duns 20 m: un vai cos ollos vendados e o outro o leva atado co seu pano á man. Intercambian roles.
4º Pita cega. Xogo no que un no centro do corro que forman o resto e cos ollos vendados, ten que intentar tocar a alguén da roda e adiviñar quen é soamente tocándoo.
 
Segunda sesión:
1º Movementos de quecemento repasando partes do corpo.
2º Xogo do cego e o guía. Ten que guialo empregan as consignas de orientación espacial: dereita, esquerda, diante, atrás, parar.
3º Circuíto de obstáculos. As parellas realizan un circuíto de obstáculos unidos polo pano primeiro, despois seguindo so estímulos auditivos.

4º Atopa o tesouro. Sentados en círculo, un no centro intenta atopar o tesouro (globo) seguindo as indicacións dos compañeiros/as.