miércoles, 29 de noviembre de 2017

Experimentamos cos sentidos

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou esta semana O quinteiro de Temperán e participamos en dous obradoiros onde exploramos os nosos sentidos.



Adiantándonos a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o domingo
3 de decembro de 2017 participamos un obradoiro sensorial: “Ver sen ollos, os nosos sentidos” Aprendimos sobre como perciben o mundo as persoas que carecen do sentido da vista e exploramos os sentidos do gusto, do tacto e do olfacto.





Tamén disfrutamos do obradoiro “As plantas, os arumes” onde elaboramos un saquiño que levamos de agasallo e que arrecendou as nosas mochilas. Ummm!!! Que gusto!!!

EXPERIMENTO DE OBSERVACIÓN: Onde vai máis frío/calor?

O alumnado de 1º e 2º estanse a preparar para fabricar unha estación metereolóxica... Por iso o alumnado de 1º A e 1ºB aprendeu o funcionamento dun termómetro.

Cun termómetro caseiro medimos en que sitios do colexio vai máis calor e en cales vai máis frío.

lunes, 27 de noviembre de 2017

EXPERIMENTO DE OBSERVACIÓN: O aire ocupa un lugar

Ola!!

Os nenos e nenas de 1° fixemos un experimento para comprobar como o aire está sempre presente índa que non o vexamos, e que ocupa un espazo. Para comprobalo, fixemos burbullas de aire cun vaso dentro dun bol de auga, posteriormente introducimos un papel seco ben encaixado no vaso, démoslle a volta ao vaso, introducímolo no bol cheo de auga, e os nenos e nenas comprobaron que o papel non se mollou porque o aire impediu que a auga tocase o papel. Seguiremos experimentando e aprendendo cousas!!



Segundo experimentando as fases da respiración

As ciencias naturais e a educación física presentes en cada segundo das nosas vidas.


sábado, 25 de noviembre de 2017

Preparados para Galiciencia


O pasado día 23 de novembro, os nenos de 6º fixémoslles unhas entrevistas aos alumnos de 3º e á xornalista que viu cubrir a noticia da súa participación na exposición Galiciencia, en Ourense. 

Aquí tedes unha pequena reportaxe en vídeo sobre o acontecido



e aquí tedes máis fotos






















martes, 21 de noviembre de 2017

Tachán!!!!!!


 Teoría do gran Impacto



Stop Motion elaborado polos alumnos de terceiro xunto ao profe Emilio. Nel explican a teoría que defende que a lúa ten a súa orixe no choque do protoplaneta Theia contra unha Terra en formación.
A que lles quedou Xenial!!!!!!

domingo, 19 de noviembre de 2017

Co profe Emilio, probando novas técnicas!


Despois de investigar sobre a orixe luar, elaboramos un Stop Motion para explicar unha das teorías.

Tivemos que facer un montonazo de fotos, cando teñamos a montaxe colgaremola para que a vexades. 
O que sí vos contamos xa é o abraiados que quedamos ao saber como se facía.






jueves, 9 de noviembre de 2017

Buscando información...que non todo vale!!!!


O alumnado de terceiro A e B estiveron investigando sobre a lúa para documentar o seu proxecto. A través dunhas técnicas de cooperativo recolleron a información atopada, para logo, ao día seguinte na asamblea, facer unha criba, seleccionar o máis relevante e descartar a información errónea.


Agora xa lle estamos dando forma ao mural onde imos expoñer o tema.



Exposición de cabazas científicas



miércoles, 1 de noviembre de 2017

Sombras na lúa

Unhas veces investigamos, pero outras as profes emociónanse tanto explicando, que as deixamos.



Logo da explicación probamos a representar as fases da lúa, 


pero dunha lúa que sabe a Oreo











E mais tarde un video que evidencia que xa estivemos ali.

"Un pequeno paso para o home, un gran salto para a humanidade"