martes, 30 de enero de 2018

Novo experimento en educación infantil

En Educación Infantil fixemos un novo experimento para seguir co proxecto, ademais de comezar xa en tódolos cursos coa investigación dos inventos!

Esta vez o experimento vai ligado á estación na que nos atopamos: o inverno.


Chamámoslle chuvia de cores... E veredes que é moi bonito! A ver o vídeo! :)

sábado, 27 de enero de 2018

5 anos e os Beebots


Adentrándonos no mundo da robótica coa abella Beebot. Gústanos moito xogar con ela e estamos aprendendo a programala para facer percorridos. Ahí vos vai unha mostra: 


miércoles, 24 de enero de 2018

LABORATORIO MUSICAL: como afecta a música ao cerebro (6º Curso)

AULA DE MÚSICA

A música ten poderes realmente máxicos, non o dubides! Para descubrilos, os alumnos de 6º Curso metéronse no Laboratorio Musical para investigar e descubrir como afecta a música ao noso cerebro. Fixeron grandes descubrimentos, no seguinte video verás algúns deles. Para completar este traballo de investigación, os alumnos de 5º e 6º experimentaron cunha serie de audicións musicais, coas que poidemos descubrir en primeira persoa os efectos da música no noso cerebro. Algo relamente interesante... Proximamente o experimento completo!!!!





sábado, 20 de enero de 2018

Cultivo de bacterias en terceiro




 Para aprender todo sobre os xérmenes decidimos facer o noso propio cultivo de bacterias. 










Con xelatina neutra, un dado de caldo, auga e un recipiente transparente, intentamos recrear un hábitat idóneo para reproducir xérmenes e poder estudalos.















Coas instruccións seguimos todos os pasos da primeira parte do proceso. E fomos respondendo a algunhas cuestións durante o mesmo.






Despois da fin de semana poderemos continuar e esperamos contarvos os adiantos.




Novo Proxecto de aula en terceiro.

Xérmenes. Non podemos vivir con eles, pero, sen eles tampouco?

Arrancamos este novo proxecto refletindo o que sabemos e o que queremos saber a través de actividades realizadas en cooperativo.

 Comezamos a traer cousiñas para o noso rincón de proxecto. Aproveitamos a asamblea para enredar e falar destas cousas.




 E a través da experimentación ir dando resposta ás nosas cuestións.


Traballamos diferentes textos, tanto a parte de gramática como a súa compresión.
En equipo determinamos se nesos textos atopamos respostas.







jueves, 18 de enero de 2018

jueves, 11 de enero de 2018

Mezclas, cambios na materia e turrón.

Turrón de chocolate con noces

Neste nadal os nenos e nenas de cuarto fixemos un experimento de cociña.
Preparamos un turrón de chocolate con noces, en equipos.
O experimento saíunos moi bo.
Pasámolo moi ben. Anímadevos a facelo!