lunes, 26 de febrero de 2018

Coñecendo a un Robot


Despois de aprender a programar con code.org comenzamos a traballar cos robots, coñecendo as distintas pezas que os compoñen.



Científicos/as Que son e que fixeron?


Os nenos e nenas de cuarto  realizaron unha investigación sobre científicos e científicas de diferentes ámbitos.
Con aquelo que descubriron montaron unha exposición para os seus compañeiros nos corredores do cole. Neste vídeo explican o sea traballo.


miércoles, 21 de febrero de 2018

Os facedores de Néboa

Ola de novo,
Os becarios de primeiro volvemos facer das nosas... Hoxe compartimos un experimento para observar a formación de nubes.


Os compañeiros/as de 2º sabían moito do ciclo da auga, da evaporación e condensación, das nubes e da néboa,... Moitas grazas, os nenos e nenas de 1º aprendimos moito con vós.

Aquí vós deixamos un vídeo facendo néboa xuntos...

jueves, 15 de febrero de 2018

Coa axuda dun experto

Os nenos e nenas de terceiro tivemos a sorte de contar con David, un experto Enfermeiro e Técnico de Laboratorio.
  



Con el estivemos a falar das cousas que descubrimos nas nosas investigación sobre xérmenes, e axudounos a entender moitas delas. Respondeu gustosamente as nosas preguntas, e solucionou dúbidas sobre o que queríamos saber.




Trouxonos mostras, coas que, a través de microscopios puidemos ver compoñentes do sangue, e algunha que outra bacteria.






 Explicounos as condicións que se tiñan que dar para un óptimo cultivo de bacterias, a toma da mostra, o seu traslado perfectamente aillado, o sembrado, e a reacción das mesmas ante un antibiótico.







Unha das nosas preguntas era de que se alimentaban, e mostrounos a través aun experimento que lles gusta moito moito o azucre.