viernes, 30 de marzo de 2018

Qué chega antes?

EXPERIMENTO EN E.F. SOBRE A FORZA DA GRAVIDADE E OS DIFERENTES 
TAMAÑOS E PESOS DOS OBXECTOS.
SESIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA: LANZAR E RECIBIR.


ACTIVIDADES:

  1. Quecemento experimentando o manexo de diferentes obxectos.
  2. Xogo:  Achicar obxectos. Fórmanse dous equipos e ao sinal hai que lanzar os obxectos ao campo contrario. Cando remata o tempo cóntase o número de obxectos que hai en cada campo.
  3. Xogo cooperativo: Ordear obxectos de menor a maior tamaño. Ordenan os diferentes obxectos de menor a maior e os manipulan para familiarizarse co peso de cada un.
  4. Lanzamentos e recepcións en parellas. Durante un minuto cada parella lanza e recibe cun obxecto. Ao minuto intercambian os obxectos. Se lles pregunta cal lles resulta mais doado de manexar e por que.
  5. Experimento dende bancos suecos. Que obxecto chega antes ao chan? Subidos nos bancos suecos comprobamos que obxecto chega antes ao chan.
  6. Experimento dende o plinto: Que obxecto chega antes ao chan? Subidos ao plinto intentamos adiviñar que obxecto chegará antes ao chan. Despois o comprobamos.
  7. Experimento dende espaldeira: Que obxecto chega antes ao chan? Subidos ao mais alto das espaldeiras deixamos caer os diferentes obxectos ao chan. Observamos cal chega antes e intentamos averiguar o porque.

jueves, 29 de marzo de 2018

Pintamos con...

A falta de témperas... bo é o chocolate! Ademais de que... mentres pintamos, esta vez si que podemos chupar os dedos! 

Que ben o pasamos, e que bonitas as nosas obras de arte! No taller multisensorial nunca nos aburrimos!


miércoles, 28 de marzo de 2018

Creamos no taller multisensorial...

Que sí! Que seguimos a disfrutar e experimentar coa profe Elena, mentres non paramos de sorrir... porque se algo conseguimos nestas experiencias é ver ilusión e alegría en cada neno/a!
Esta vez tivemos novamente un profe moi especial... E da súa man, creamos algo... inesperado!
Descubrídeo con nós no vídeo...

EXPERIMENTOS E INVENTOS EN EF

O TIRACHINAS XIGANTE
SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA DENTRO DA UD LANZAR E RECIBIR

Construimos un invento para facer lanzamentos: un tirachinas xigante.
Material empregado: dúas cintas elásticas, un par de cadeiras e unha mesa.

ACTIVIDADES

  1. Xogo de quecemento. Exploración libre do manexo de balóns e pelotas de diferentes tamaños e pesos.
  2. Tirachinas xigantes. Facemos dous tirachinas: un máis longo con dúas cadeiras e outro mais curto cunha mesa. Organizamos as filas e as quendas para lanzar, axudar ou suxeitar o tirachinas para que non se deslicen as cadeiras nin a mesa.  Poden utilizar os diferentes tipos de balóns e tratar de averiguar cal se lanza mellor e mais lonxe.
  3. Lanzamentos ao aro. Dous voluntarios colocan un aro en posición vertical para que el lanzador introduza o balón ou o obxecto voador polo interior do aro.
  4. Lanzamentos ao castelo. Construimos un castelo cos bancos suecos e intentan lanzar os balóns co tirachinas oa interior do castelo.
  5. Penaltis: lanzamentos de balóns co tirachinas e outro na portería feita cos bancos suecos intenta paralo.

Pintamos con pipetas - Aula 3 anos

Sabedes o que son as pipetas? Nós aprendímolo ligándoo ao proxecto de centro: ciencia e tecnoloxía, e ademais aprendimos a controlar a nosa forza e motricidade fina para aplicar as gotas no folio... E despois, engadimos unha pouca de creatividade movendo as gotiñas con aire a través de palliñas...

Desta maneira tamén traballamos o sopro... que nos axuda a axilizar os músculos da boca e, por consecuencia, na linguaxe...

martes, 27 de marzo de 2018

EXPERIMENTOS E INVENTOS EN E.F

CARIOCAS en 3º e 4º de Educación Primaria.

SESIÓNS DA UD LANZAR E RECIBIR CON MATERIAL DE REFUGALLO.
1ª SESIÓN:
Construimos cariocas: xoguete feito con globos, arroz, fío de pescar, gomas e bolsas de plástico. Formamos 4 equipos de traballo para cada unha das tarefas.
  1. Ensinamos a cortar as bolsas en longas tiras e mesturar as cores pegando cintas de diferentes bolsas.
  2. Enchemos os globos cun pouco de arroz.
  3. Atamos o globo á cinta e un fío de pescar.
  4. Engadimos unha pequena goma atada ao fío para facilitar o agarre.

2ª SESIÓN:
Xogamos coas cariocas para traballar os lanzamentos:
  1. Facemos debuxos coa cinta: círculos a ambos lado do corpo en horizontal e vertical, bucles...o que se lles ocurra.
  2. En altura, a ver quen lanza máis alto.
  3. En distancia, a ver quen lanza máis lonxe.
  4. Facemos pases de cariocas por parellas.
  5. Pases en grupos reducidos.
Reto: pase grupal en círculo. Intentamos lanzar ao compañero do lado e recoller ao mesmo tempo o que nos lanzan.

lunes, 26 de marzo de 2018

Peche de proxecto de aula

Xérmenes. Non podemos vivir con eles, pero ¿sen eles tampouco? chega ao seu fin. Nos seguinte videos os nenos e nenas fan públicas as respostas obtidas nas investigacións realizadas.


viernes, 23 de marzo de 2018

Novo experimento en infantil: multicapas

Non pensedes que en educación infantil deixamos de lado os experimentos... Aquí vos traemos un novo... traballando densidades: MULTICAPAS!!!!

Mirade ben o vídeo! Encantoulles!


jueves, 22 de marzo de 2018

22 de Marzo: Día Mundial da Auga

As Nacións Unidas, na conferencia sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento, aló polo 1992 recoñeceu a importancia da auga para a natureza e para nós. Por mor disto declarou o 22 de marzo o día internacional da auga.

Seguindo coas actividades para aprender a coidar a nosa contorna e aproveitando este día os nosos nenos e nenas de primeiro fixeron unha recompilación de consellos para aforrar no consumo desde precioso ben e aquí veñen a ofrecérvolos.




Comunicación de resultados.

O alumnado de terceiro informa sobre o resultado do experimento levado a cabo no laboratorio sobre o cultivo de bacterias.
Os equipos cooperativos trasladan a información nun vídeo.



martes, 20 de marzo de 2018

Científicas de Libro

"Mulleres que contan, conta con elas" é o noso traballo como centro colaborador do Salón do Libro de Pontevedra.
Estas catro mulleres que representamos na maqueta son catro científicas escepcionais que adicaron a súa vida ao traballo de investigación naquelas materias que as fascinaban.
Recollimos todas as súas facetas e fixemos unha presentación en primeira persoa, poñendolle voz ás nosas maquetas. Así, coa axuda dunha aplicación de realidade aumentada, damos a coñecer a Antonia Ferrín, Jane Goodall, Begoña Vila e Inmaculada Paz Andrade.
 No seguinte vídeo explicámosvos como funciona.


e os videos cos audios por se non vos podedes achegar ao Salón do Libro a disfrutar o noso traballo.


viernes, 16 de marzo de 2018

Time Lapse con Raspberry


O alumnado de terceiro experimentamos coas sementes facéndoas xerminar. Raspberry, aprendizaxe cooperativa, experimentos e ciencias naturais.
 Aquí vos deixamos o resultado, con sorpresa final...recordades que hai pouco houbo tormenta?



Fungastic

Esta semana estiveron no noso centro os monitores de FUNGASTIC!!!

Pasámolo xenial mentres aprendiamos a ser consumidores responsables e a non malgastar enerxía.

E,  ademáis, invitaronnos a participar nun concurso de debuxo sobre as accións que contribúen ao aforro enerxético ¡coma as que podedes ver nos videos!

As familias poden participar sacando unha foto ao debuxo que faga o voso pequeno aforrador e subindoa ao instagram co hashtag #ceipvalleinclan.

A continuación podedes vernos en acción…








Obradoiro de estimulación multisensorial (aula de 3 anos)


No obradoiro de estimulación multisensorial somos pequenos científicos/as. Exploramos e manipulamos diferentes materiais e texturas, experimentando con eles e, sobre todo, descubrimos e non deixamos de asombrarnos cada día. Nesta ocasión debuxamos con fariña.
Traballamos a inclusión, ningún queda fóra, gozamos aprendendo e a nosa creatividade medra cada día; esas caritas reflícteno.
Primeiro, como podedes ver no seguinte vídeo, pintamos coas mans.


Logo tapámola con fariña (que suave é!! como nos gusta manipulala) mira no video


e MAXIA!!! Debuxamos co dedo...as nosas creación saen coloreadas.
Que ben o pasamos!!!! Dentro video.


Raspberry e a estación meteorolóxica


jueves, 8 de marzo de 2018

8 de marzo, Día da Muller, unha científica toda para nós


O martes pasado, conmemorando o Día da Muller (aínda que o adiantaramos un pouquiño), tivemos a sorte de contar con Susana Bello, bióloga e traballadora dunha conserveira da zona.


En primeiro lugar, expoñeu como era a vida dunha muller científica. Contou a formación recibida para convertirse en bióloga e como desenvolve, xunto aos seus compañeiros, a súa carreira profesional.





Ademáis, Susana, prestouse para realizar uns experimentos no noso laboratorio, onde explicou o proceso do envase ao vacío.





Experimento: a man que di "ola!"

Dende o taller multisensorial organizado pola profe de AL Elena, presentámosvos un novo experimento: "A man que di ola!"

Sabedes porque o guante se levanta ao metelo en auga? Pola presión do aire coa auga! Sinxelo pero divertidísimo, e senón mirade!
Ademais, tiveron de profe a Adrián, alumno de 5º de primaria... Todo un luxo! :)

Entroido 2018: Científico-Tecnolóxico


Presentación dos disfraces.


Coplas


viernes, 2 de marzo de 2018

Experimento da Pataca

Os alumnos/as de 3ºA, realizaron un experimento de observación. Logo contáronllo aos nenos e nenas de 3ºB, que tentaron reproducilo.
Agora vos deixamos a explicación por si queredes intentalo na casa. Ánimo pataqueiros.