martes, 27 de marzo de 2018

EXPERIMENTOS E INVENTOS EN E.F

CARIOCAS en 3º e 4º de Educación Primaria.

SESIÓNS DA UD LANZAR E RECIBIR CON MATERIAL DE REFUGALLO.
1ª SESIÓN:
Construimos cariocas: xoguete feito con globos, arroz, fío de pescar, gomas e bolsas de plástico. Formamos 4 equipos de traballo para cada unha das tarefas.
  1. Ensinamos a cortar as bolsas en longas tiras e mesturar as cores pegando cintas de diferentes bolsas.
  2. Enchemos os globos cun pouco de arroz.
  3. Atamos o globo á cinta e un fío de pescar.
  4. Engadimos unha pequena goma atada ao fío para facilitar o agarre.

2ª SESIÓN:
Xogamos coas cariocas para traballar os lanzamentos:
  1. Facemos debuxos coa cinta: círculos a ambos lado do corpo en horizontal e vertical, bucles...o que se lles ocurra.
  2. En altura, a ver quen lanza máis alto.
  3. En distancia, a ver quen lanza máis lonxe.
  4. Facemos pases de cariocas por parellas.
  5. Pases en grupos reducidos.
Reto: pase grupal en círculo. Intentamos lanzar ao compañero do lado e recoller ao mesmo tempo o que nos lanzan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario