con-ciencia-d@s

Os nenos e nenas estivemos xogando a un xogo dos que fan pensar. E se de súpeto non pudiésemos ver?
A profe Noemí diseñou a seguinte actividade:
Primeira sesión:
1º Movementos de quecemento repasando as partes do corpo.
2º Xogo do cego e o guía. O guía ponlle un pano tapando os ollos do compañeiro/a e o leva collido da man por todo o espazo do ximnasio. O alumnado pensa en diferentes estratexias para guialo: tocándoo e sen tocalo. Intercambian roles.
3º Paraolimpiada. As mesmas parellas realizan unha carreira de competición duns 20 m: un vai cos ollos vendados e o outro o leva atado co seu pano á man. Intercambian roles.
4º Pita cega. Xogo no que un no centro do corro que forman o resto e cos ollos vendados, ten que intentar tocar a alguén da roda e adiviñar quen é soamente tocándoo.
 
Segunda sesión:
1º Movementos de quecemento repasando partes do corpo.
2º Xogo do cego e o guía. Ten que guialo empregan as consignas de orientación espacial: dereita, esquerda, diante, atrás, parar.
3º Circuíto de obstáculos. As parellas realizan un circuíto de obstáculos unidos polo pano primeiro, despois seguindo so estímulos auditivos.

4º Atopa o tesouro. Sentados en círculo, un no centro intenta atopar o tesouro (globo) seguindo as indicacións dos compañeiros/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario