Robotiños VI

No mes de novembro, aproveitando todo o traballado no Samaín, animámosnos a facer un experimento que semellaba unha pócema máxica... Xa veredes!

Para facelo necesitamos:

- Vinagre
- Colorante alimentario
- Deterxente
- Bicarbonato

O resultado é moi chamativo, e non hai máis que ver o vídeo para ver a expectación e ilusión que causou nos nosos alumnos e alumnas!!

A reacción química que provoca a mestura destes elementos crea unha escuma que, ao botarlle colorante, ten cores moi vivas creando un resultado máxico!

Mirade, mirade!




O día 6 de outubro no centro deuse o "pistoletazo de saída" do proxecto Experimentos VI: ciencia e tecnoloxía, que se está a levar a cabo este curso. Nós, para comezar na formulación de hipóteses e na experimentación, decidimos levar a cabo este experimento con todo o alumnado de Educación Infantil. 
Só necesitamos:


- Un recipiente
- Auga
- Unha mandarina con pel
- Unha mandarina sen pel


Despois de facer as nosas hipóteses e previsións nas asembleas nas nosas respectivas aulas, creamos e enchimos as fichas do experimento co que necesitabamos, as nosas ideas... e, despois de facelo, o que observamos tras os resultados.


Sabedes porque a mandarina con pel flota e a que non ten afúndese? Porque entre a mandarina e a pel, queda unha cámara de aire que fai que a mandarina flote, como se fose un flotador. Ademais, a mandarina cando non ten pel, énchese de auga (por ser porosa) e pesa máis, polo que baixa ao fondo do recipiente.


Animámosvos a probalo na casa! Ás nenas e nenos de infantil encantoulles!


Os nenos e nenas de 4 anos xa estamos metidos de cheo no proxecto do cole!
Temos unha mascota á que houbo que poñerlle nome, que duro traballo...ao final gañou ROBOCUQUI!
Tamén saíu a maleta viaxeira cara as casas e vimos que Hugo fixo moi bo traballo. E por último, que é a ciencia sen experimentar? Pois vos deixamos un vídeo do noso 1º experimento. Pincha no enlace para ver o traballo realizado pola profe Cris, que se está a formar neste tipo de presentacións que enriquecen o traballo dos nosos peques.



No hay comentarios:

Publicar un comentario