V2I2

Boas,

No Grove hai uns científicos cheos de curiosidade dispostos a investigar o mundo que nos rodea... Son as nenas e nenos de segundo A e segundo B do CEIP Valle-Inclán.

Mans á obra!!!

Se queres saber en que andamos metidos terás que consultar este blog con frecuencia pois non saimos dunha lea para meternos noutra...

Realizaremos un montón de experimentos con auga, aprenderemos sobre as plantas no noso horto e faremos compostaxe, probaremos a estimular os nosos sentidos,... todo isto permitiranos aprender como funciona a natureza e comprender mellor o mundo que nos rodea.

Ademais faremos algunhas colaboracións cos nosos colegas de primeiro como na construción dunha estación metereolóxica...

E a través da ciencia cidadá colaboramos en proxectos científicos reais. Quen se anima a participar? 


No hay comentarios:

Publicar un comentario