V4I4

O alumnado de 4º de Educación Primaria xunto co alumnado de Ed. Infantil celebraron o Día Mundial do medio ambiente facendo papel reciclado.
Nas primeiras sesións a finais de maio o alumnado de 4º aprendeu todo o proceso de preparación e elaboración no laboratorio coa axudas dos seus titores.
Na terceira sesión foron as aulas de Ed. Infantil a ensinar o aprendido aos máis pequenos do cole.

Como tarefa final o alumnado de 4º aproveitou o papel reciclado para facer uns bonitos cadros con follas que recolleran no Outono.

Científicas. Que son e que fixeron?
Os nenos e nenas de cuarto  realizaron unha investigación sobre científicos e científicas de diferentes ámbitos.
Con aquelo que descubriron montaron unha exposición para os seus compañeiros nos corredores do cole. Neste vídeo explican o sea traballo.





Turrón de chocolate con noces

Neste nadal os nenos e nenas de cuarto fixemos un experimento de cociña.
Preparamos un turrón de chocolate con noces, en equipos.
O experimento saíunos moi bo.
Pasámolo moi ben. Anímadevos a facelo!









No hay comentarios:

Publicar un comentario